Praias de Narón

Camiño á Lopesa. Imaxe seleccionada no VII Concurso de Fotografía "Cidade de Narón". Autor: Javier Rodríguez Farinas

As pequenas calas de Casal, Lopesa e Hortiña sitúanse nunha contorna rural, virxe, illado, posúen forma de cuncha e con area branca.

As pequenas calas de Casal, Lopesa e Hortiña sitúanse nunha contorna rural, virxe, illado, posúen forma de cuncha e con area branca. Ventosas e con forte oleaxe, son ideais para contemplar a forza das ondas, a paisaxe da serra e as praias contiguas de Covas e A Frouxeira.

Constitúen un espazo ideal para os amantes da natureza e dos lugares pouco masificados.