Campo de golf Campomar

Imaxe participante no VI Concurso de Fotografía "Cidade de Narón"

Narón conta cunhas instalacións adicadas ao deporte do golf, o campo de golf Campomar. Este campo atópase no lugar de Vilacornelle,s/n, 15541 no Val.

O percorrido ten as dimensións adecuadas para nove foxos, sen grandes desniveis, con un total de 2.675 metros. A beleza da paisaxe natural da zona conxugada con elementos propios como búnkers, lagos, etc...engaden dificultade e atractivo ao percorrido. Anexo ao campo principal existe unha cancha de prácticas de 80x150 metros con 12 postos cubertos, un búnker e un green de prácticas para desenvolver as actividades propias das clases de golf.

Podes acceder á súa web clicando nesta ligazón: clubcampomar.com

Teléfonos de contacto

  • 981 453 910.
  • 663 123 398.

Dirección

  •  Rúa Vilacornelle, O Val, 15541 Narón, A Coruña.