Romaría da O

mércores, 1 de Febreiro de 2017

Romaria da O H264

A capela da O, na parroquia de Pedroso, convértese cada ano, no mes de maio, nun lugar de visita ineludible para celebrar a romaría da Virxe da O.

Centos de devotos acoden a esta pequena ermida cada ano e moitos deles secundan unha histórica tradición que consiste en chegar a pé á capela.

Os romeiros parten nun grupo desde o mosteiro do Couto cara á igrexa, xuntándose antes de chegar a Pedroso con outros devotos que camiñan desde a parroquia do Val e incluso do veciño concello de San Sadurniño. Para premiar o seu esforzo reciben ao remate do percorrido unha “O”, a modo de compostelá, na que se acredita que realizaron a peregrinación.