XIX Festa Gastronómica do Pemento do Couto

martes, 11 de Xullo de 2017

A cita será o vindeiro domingo, día 16, a partir das 14.00 horas e o prezo é de 12 euros por un menú a base de churrasco con pementos do Couto, cachelos, pan, auga, viño e café ó tizón. No caso de bo tempo os comensais xantarán na zona da carballeira localizada nas inmediacións do local social, e se o tempo non acompaña instalarase unha carpa na zona.

O Concello de Narón organiza este evento en colaboración coa AVV do Couto, a Cooperativa do Val, e a Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto. A través do Club Narón Gastronómico tamén se organizou unha cita, o vindeiro venres día 14, para promocionar o pemento do Couto a través dunha comida, este ano no Restaurante Bido (A Coruña) á que asistirán representantes da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto.

Infórmate sobre a XIX edición nesta ligazón.