As aves no Río Xuvia

Por las noches es posible ver algún muerciélago

Polas noites podemos ver pequenos morcegos.

Se imos atentos e en silencio, poderemos ver o merlo rieiro e outras aves que comparten este ecosistema. O merlo mergúllase no río e, coa axuda das súas ás móvese, pero faino camiñando polo fondo do leito agarrándose coas súas fortes uñas ás pedras, en busca dos invertebrados (larvas de efémeras, libélulas...) que constitúen o seu alimento.

A boa calidade das augas dun río é fundamental para contar coa presenza do merlo, pois trátase dunha ave moi sensible á contaminación dos leitos.

Poderemos ver outras aves facilmente:
  • As lavandeiras branca e real, que camiñan pola beira do río ou polas pedras do seu leito en busca de pequenos insectos dos que se alimenta.
  • A garza, inmóbil, coas súas patas metidas na auga para arpoar algún peixe.
  • O lavanco real, unha especie de pato cuxos machos teñen a cabeza verde e vistosas cores para atraeren as femias.
  • O picapeixe, lanzándose en picado para pescar pequenos peixes; tamén voan os ferreiriños e ferreiros bacachis e abelleiro.
  • O morcego, pola noite.