Camiño Inglés a Santiago de Compostela

O Camiño de Santiago pasa polo Concello de Narón antes de entrar en Neda.

O Camiño Inglés a Compostela, así chamado ao longo da historia porque o maior continxente de peregrinos procedía das Illas Británicas e dos países nórdicos, ten os seus inicios aló polo século XII.

Vindo dende a cidade de Ferrol, onde se inicia este camiño inglés a Santiago, o camiñante debe avanzar polo polígono da Gándara, para adentrarse no Concello de Narón, seguindo a Avenida do Mar de Caranza en paralelo á ría de Ferrol.

Despois de cruzar baixo a vía do ferrocarril que une Ferrol Betanzos, a Rúa da Pena conducirao ata o mosteiro de San Martiño de Xuvia. Fronte á entrada do mosteiro un camiño asfaltado sobe ata un cruceiro.

Neste punto, o peregrino torce á dereita para enlazar co camiño do Salto. Toma despois a senda peonil que, sen abandonar en ningún momento a ribeira da ría, chega ata unha central eléctrica que hai que rodear por detrás.

Desviándose cara á dereita, o camiño desemboca no muíño das Aceas e a súa ponte, que cómpre cruzar.

Puntos destacados

    Teléfonos de interese

    Oficina do Peregrino (Santiago de Compostela)

    Concello de Ferrol

    Oficina de Turismo de Ferrol e Atención do Peregrino

    • Teléfono: 655 117 035.

    Concatedral de San Xiao

    VENTA DE CREDENCIAIS

    • Horario: 10:30 horas a 13:00 horas e 18:00 horas a 20:00 horas (de luns a domingo).
    • Teléfono: 981 35 47 25.
    • Dirección: R/Iglesia, s/n.
    • Correo electrónico: economode@mondonedoferrol.org

    Obispado de Ferrol

    VENTA DE CREDENCIAIS

    • Horario: 10:30 horas a 13:00 horas e 18:00 horas a 20:00 horas (de luns a domingo).
    • Teléfono: 981 35 47 25.
    • Dirección: R/Miramar, s/n.
    • Correo electrónico: mcs@mondonedoferrol.org

    Concello de Narón

    Concellería  de Turismo

    • Teléfono: 981 33 77 000 Ext. 1316.

    Oficina de Turismo

    Só está activa na época estival.

    • Teléfono: 981 33 77 00 Extensión 2301.

    Mosteiro San Martiño de Xuvia (Mosteiro do Couto)

    • Horario para o selo de credenciais: Sábados e domingos de 10:00 horas a 13:00 horas.

    Concello de Neda

    Albergue de peregrinos de Neda

    • Teléfono: 629 22 46 22.

    Máis información

    • Consulta máis información sobre o Camiño Inglés na páxina web oficial do Camiño a Compostela: Camiño Inglés.

    Vídeo sobre o Camiño de Santiago polos Santuarios Máxicos dos Celtas

    Guía do Camiño Inglés