Capela da O

Capela da O

A capela da O lembra cando, nos tempos de seca, sacábase a Virxe da O en procesión para conseguir que chovese.

Malia que non sempre o deu feito, froito da forte devoción popular construíuse esta sinxela capela na súa honra e creouse a romaxe que aínda se mantén nos nosos días. Nos arredores da capela da O atópanse a ponte de Chao e os muíños de Perfecto e Chao.