Capela de Santa Margarida do Val

A capela de Santa Margarida do Val púxose en pé, ao abeiro dos Andrade, no século XV, sendo unha das máis antigas do Concello.

Atópase situada nunha contorna rural, é de planta rectangular e no interior a nave principal posúe unha bóveda rebaixada. Moi preto deste edificio pódese visitar o cruceiro e a fonte de Santa Margarida, cos canos de Santa Margarida e Santa Lucía.