Concentración Moteira Cidade de Narón

Concentración Moteira Cidade de Narón

Milleiros de afeccionados ao motociclismo danse cita a primeira fin de semana de xuño no paseo marítimo de Xuvia. Alí celébrase desde hai uns anos a "Concentración Moteira Cidade de Narón", que na pasada edición coincidiu coas Xornadas de Turismo Activo.

O Concello de Narón colabora co Motoclub Fojeteiros na organización desde evento, que arranca cun mercado moteiro no propio paseo de Xuvia e varias atraccións infantís. Degustacións gastronómicas e música completan a primeira das xornadas desde evento, que dá o pistoletazo de saída coincidindo cun venres.

O programa continúase desenvolvendo o sábado, cando se retoma o mercado moteiro. A media mañá os moteiros parten en dirección a Cedeira e Santo André de Teixido e realizan unha parada para comer nalgún concello da comarca antes de regresar novamente ao paseo de Xuvia, onde pola tarde ten lugar unha concentración moteira. Exhibicións moteiras, unha popular e a entrega de trofeos completan a programación do segundo día, que ten un apartado se cabe máis espectacular coa chegada da noite. Non é outro que o tradicional desfile de fachos pola estrada de Castela, que dá comezo ben entrada a noite e no que a veciñanza anima con bandeirolas o percorrido. Xa de madrugada, dá comezo unha gran festa moteira.

Na xornada final, o domingo, os moteiros participan cada ano nunha ruta mototurística pola costa ferrolá, antes de regresar de novo a Xuvia para comer e dar por clausurado o evento. Este ten nos últimos anos un marcado carácter solidario, xa que se recollen tapóns para “Alba La Promesa”, unha iniciativa que se impulsa na zona a favor de Alba -unha nena cunha lesión cerebral dexenerativa- para paliar os gastos do seu tratamento.