Magnolio centenario de Xuvia

Magnolio centenario de Xuvia

É precisamente a magnolia de Xuvia a árbore máis singular da nosa cidade. Douscentos anos de historia nos que esta especie, dun gran porte e que resiste o paso do tempo dende a súa ubicación, no paseo marítimo de Xuvia.

E precisamente falando da ubicación, cabe destacar aos propietarios do terreo no que se localiza a magnolia, polas facilidades que deron sempre ao Concello de Narón para poder manter esta árbore nas condicións óptimas.

Non é fácil atopar na comarca especies tan sobranceiras. Mostra disto é o feito de que a magnolia de Xuvia forma parte do Catálogo de árbores senlleiras da Xunta de Galicia.
 
Precisamente a Deputación da Coruña presentou en Narón o libro “A Magnolia de Santa Rita e a Cultura verde de Narón”, editado pola citada administración. Os autores desta publicación: Carlos Rodríguez Dacal, María Rodríguez García Garabal e Tomás Casal Pita realizaron unha intensa labor investigadora, contando coa colaboración de entidades e particulares, para dar a coñecer esta árbore, se cabe, a máis representativa do noso termo municipal e que loce en todo o seu esplendor no paseo matítimo de Xuvia, nas inmediacións da ponte que limita co veciño concello de Neda.