Muíño de Amenadás

Muiño Amenadás

Seguindo o curso do río Freixeiro, atopamos o muíño de Amenadás, que aínda se mantén en funcionamento.

O muíño de Os Amenadás. Deseñado para albergar ata seis muíños, o edificio acolleu dous muíños de regolfo que proporcionaron fariñas á comarca durante máis dun centenar de anos. Construído no 1813 e ecuperado na década de 1970, mantén en funcionamento uno dos muíños, do que aínda se fornecen de fariña os seus propietarios.

Esta construción recolle un adianto tecnolóxico de grande interese, os muíños de turbina, de moito aproveitamento das augas, pois se idearon para cursos de pouca auga.

Como chegar

  • Dirección: Rúa Bimbeiro, s/n. 15572, Naró. A Coruña.
  • Coordenadas: 43º 30' 36.9" N - 8º 11' 40.9" W.
  • Marco xeográfico: Esta situado na marxe esquerda do río Freixeiro ou de Santa Icía,a uns catrocentos metros augas abaixo da xunta do rego de Leixa co río Seco.
  • Acceso: En Ferrol cóllese a estrada C-641 cara a Xuba. A 4 km. en Freixeiro, imos á esquerda pola vella estrada AC-113, que vai a Cedeira. A 340 m. máis adiante pasamos sobre a vía do tren. Seguimos 130 m. antes de xirar á esquerda, pola rúa Bimbieiro, pasando baixo a nova estrada a Cedeira 200 metros máis adiante.Xa na outra beira imos baixar pola esquerda, cara ao río de Santa Icía, e virar despois á dereita. Subiremos até dar coa mesma porta do muíño, ou continuármonos pola dereita baixando pola travesa dos Amenadás. (Fonte: Asociación Buxa)