Os peixes no Río Xuvia

El reo y el salmón, nadadores de fondo y especies migradoras en peligro. En el Couto de Pesca del río Xuvia, el reo o trucha marina es la especie más pescada y apreciada gastronómicamente.

O reo e o salmón, nadadores de fondo e especies migradoras en perigo. No Couto de Pesca do río Xuvia, o reo ou troita mariña é a especie máis pescada e apreciada gastronomicamente.

O reo, o salmón e outros peixes

Especie moi próxima á troita, ten un ciclo de vida moi semellante ao salmón, e comparte espazo no Xuvia con poboacións máis pequenas. Nacen no río, pasan aquí algún tempo e despois migran cara ao mar.

Uns anos despois volven remontar, na etapa fértil, os nosos ríos ata o lugar de desova nun despregamento de forza e adaptación ao medio impresionantes. O reo, por exemplo, pon uns 1.500 ovos por quilo de peso e volve ao ano seguinte, xa que non morre despois da freza.

A conservación do reo e do salmón ten unha elevada importancia, pois son especies cualificadas como vulnerables e as súas poboacións están en retroceso. No Xuvia véñense pescando nos últimos anos arredor dun centenar de reos, e os pescadores reclaman que se respecte o caudal mínimo ecolóxico na escala e que se mellore a calidade das augas mediante a depuración e saneamento da ría de Ferrol.

No couto de San Sadurniño realízase pesca sen morte, modalidade de pesca que introduce un pensamento máis conservacionista e sustentable neste deporte.

A estes peixes acompáñanos no Xuvia a boga, a anguía –especie vulnerable– e a troita común.