Parque temático Aldea Nova

Parque temático Aldea Nova

Espazo de 35.000 m2 de superficie, no que se recrea a vida nunha aldea típica de Galicia.

Aberto ao público en xaneiro de 2008, no Monte dos Niños (Sedes) atópase o parque temático do mundo rural Aldea Nova.

Trátase dun espazo de 35.000 metros cadrados de superficie, no que se recrea a vida nunha aldea típica de Galicia.

Aquí pódense atopar instalacións coma un albergue con capacidade para 50 persoas, unha casa de aldea na que se sitúa un museo etnográfico, ademais dunha granxa con distintas especies animais. Este inmenso parque da natureza e da cultura autóctona de Galicia é un produto exclusivo, auténtico e vivo, en constante evolución.

É unha mostra de recuperación da identidade galega e do mantemento dos valores da contorna e do medio ambiente galegos.

Máis información

Aldea Nova é un parque temático que ofrece a posibilidade de realizar diferentes actividades, grazas ás súas numerosas instalacións, nun lugar privilexiado, cunhas vistas incribles. Reciben visitas de colexios, de grupos; celebran aniversarios e organízanse diferentes eventos; para todas aquelas persoas que queiran pasar un, ou varios días en contacto coa natureza e gozando dunha xornada diferente.