Pazo da Cultura

Imaxe seleccionada no V Concurso de Fotografía "Cidade de Narón". Autior Eduardo Pérez Gil

Logo da consolidación de Narón coma referente na xestión cultural pública en Galicia, o Concello de Narón, xunto co seu Padroado da Cultura, inaugurou no 2008 o novo Pazo da Cultura.

O segundo maior auditorio de Galicia serve de espazo de acollida de grandes eventos culturais á vez que é sede da Escola Profesional de Teatro e das escolas de baile, música e danza do Padroado de Cultura.

Acolle a meirande parte da programación que ata hoxe se celebraba no Auditorio, que xa quedou pequeno co devir dos anos.

Conta cun Café-teatro con capacidade para 80 persoas para desenvolvemento de eventos e espectáculos máis íntimos.

Escolas Culturais Tradicionais

O Padroado da Cultura do Concello de Narón defende, salvagarda e difunde dende a súa fundación a nosa cultura tradicional galega. En total acolle 8 escolas culturais tradicionais, da cultura etnomusical galega. O Padroado da Cultura foi e é unha entidade pioneira a nivel galego pola súa promoción de aulas de zanfona ou construción de instrumentos tradicionais, as actividades tradicionais para crianzas de 3 e 4 anos, e por desenvolve actividades didácticas relacionadas coa cultura tradicional galega nas Escolas Infantís Municipais para escolares de 0 a 3 anos.

As Escolas Culturais Tradicionais que acolle son:

  1. Danza tradicional.
  2. Canto e pandeireta.
  3. Gaita.
  4. Percusión tradicional.
  5. Acrodeón.
  6. Zanfona.
  7. Recuncho dos pequechos.
  8. Construción de instrumentos.

Información sobre as Escolas Culturais Tradicionais

  1. Visita o espazo web das Escolas Culturais Tradicionais: www.padroadodecultura.es/gl/escolas-culturais/cultura

Máis información

O Padroado da Cultura conta cun espazo web propio dende o que se pode consultar a programación das instalación culturais municipais e mercar as entradas na súa billeteira online. Tamén ofrece información sobre as diferentes escolas do Padroado.

  1. Para visitar o portal web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Contacto

  • Dirección: R/ Holanda - Urb. Ciudad Europa.
  • Teléfono: 981 391 144
  • Despacho telefónico: 981 102 897. De 11:00 a 13.30 horas e de18:00 a 20:00 horas.