Pazo de Libunca

O Pazo de Libunca é unha casona realizada pola familia dos Montenegro en 1922 de estilo modernista.

Pazo de Libunca, casona da Pena de Embade, é unha construción realizada pola familia dos Montenegro en 1922. Ten un marcado estilo modernista. Desa época mantén a súa decoración de liñas modernistas, con columnas e balconadas reberetadas de cerámica traída de Talavera. Conserva ademais as verxas de reixería, o pórtico de columnas neoclásicas e un minixardín botánico, no que se atopa unha bonita fonte de cerámica.

É coñecido como o chalet de Cabezas.