Pena Molexa

Sen dúbida este é un dos lugares máxicos de Narón.

Sen dúbida este é un dos lugares máxicos de Narón.

Como elemento singular dentro do "Monte da Lagoa" contamos coa Pena Molexa, un conxunto megalítico que  polo seu emprazamento, a relación co territorio que o circunda, a tecnica constructiva coa que foi erixida e a articulación dos seus elementos, é considerada como un referente patrimonial cunha posible dedicación a un culto funerario antigo. O conxunto é un "unicum" material no occidente europeo e documenta de forma completa o rito funerario lunar. Pena Molexa é a referencia material dun territorio denso en simbolismo e disposto para ser vivido como unha experiencia máxica, rodeado de múltiples lendas, sendo a mais coñecida a "Lenda da Moura", muller maga que coñece os segredos da terra e do outro mundo.