A ponte de Xuvia: construcción para as comunicacións

Ponte do río Xuvia

Desde tempos antigos as pontes construíronse para salvar obstáculos do territorio, comunicar e posibilitar o intercambio de mercadorías e as relacións sociais, e fóronse perfeccionando co tempo.

Desde tempos antigos as pontes construíronse para salvar obstáculos do territorio, comunicar e posibilitar o intercambio de mercadorías e as relacións sociais, e fóronse perfeccionando co tempo.

A Ponte dos Andrade, tamén chamada ponte Xuvia, posibilita a comunicación entre os concellos de Narón e Neda e en xeral comunicou a comarca de Ferrolterra coa meseta ou con Madrid a través da estrada de Castela.

Esta ponte mandouna construír Fernán Pérez de Andrade arredor do ano 1370, formando parte dunha calzada marítima con pontes que levan os símbolos da familia: o oso e o porco (A Ponte de Pontedeume). A calzada comunicaba as súas posesións e cobraban pontádego para pasar. En determinadas épocas funcionou tamén un servizo de barcazas.

A súa construción orixinal foi con tres arcos de pedra a través das contribucións de xente condenada a traballos forzados. Ao longo da historia a ponte sufriu caídas e remodelacións; a última foi despois da Guerra Civil, que a converte nunha ponte de dous arcos con cantaría de perpiaño.