Área de servizo de autocaravanas de Pedroso

Área de servizo de autocaravanas de Pedroso

Narón conta con unha área de servizo de autocaravanas en Pedroso.

Cámping Área Recreativa de Pedroso

Área de servizo situada en Bazón, na parroquia de Pedroso. As súas coordenadas son 43° 31' 16.66" N - 8° 06' 40.03" O.

O seu período de funcionamento vai do 1 de xullo ao 30 de setembro. Esta área conta cun total de 14 prazas e os seguintes servizos: auga potable, conexión eléctrica, duchas, baleirado de augas grises, baleirado de augas negras, vixiancia, WC público, Wifi, zona de xogos para nenas e nenos e zona de picnic.