Camiño Vello a Santo André de Teixido

Camiño Vello a Santo André de Teixido
Camiño Vello a Santo André de Teixido

Esta ruta comeza no Mosteiro de San Martiño de Xuvia e recorre parte do trazado do antigo camiño de peregrinación a Santo André de Teixido.

O Camiño Vello a Santo André de Teixido, é un camiño moi especial para o pobo galego, e tamén unha viaxe polo tempo chea de espiritualidade, lendas, pegadas arqueolóxicas e experiencias  máxicas.

Nesta contorna extraordinaria de cantís, plantas únicas no mundo e animais en liberdade, atoparás igrexas, capelas e cruceiros, mesturadas con cidades asolagadas, ánimas en pena, fontes milagreiras, lendas e tradicións.

Déixate impregnar pola espiritualidade e sobrenatural beleza desta experiencia única, que non te deixará indiferente.

Fai clic aquí para escoitar a descrición xeral da ruta nos tres idiomas. Fai clic enriba de cada punto de interese para escoitar a descrición en galego, castelán ou inglés.

Puntos de interese

1. Mosteiro de San Martiño do Couto

Este antiquísimo e belo cenobio, chamado tamén de San Martiño de Xuvia, foi declarado Monumento Histórico-Artístico Nacional en 1972. Situado na ruta xacobea do Camiño Inglés, e punto desde o que parte o Camiño de Santo André de Teixido, a súa historia e desenvolvemento construtivo están ligados con importantes episodios da historia de Galicia, vivindo etapas de grande esplendor, e chegando no S. XII a ser un dos mosteiros máis importantes de España.

2. Muíño das Aceas 

Este muíño de mareas, construído no século XVIII, formaba parte, xunto co muíño de Xuvia, da importante rede de moenda industrial francesa, sendo os dous declarados Reais Fábricas por Carlos IV en 1798. Utilizaba como forza motriz a enerxía combinada dos ríos e as mareas, a partir da auga que acumulaba a súa monumental presa, a maior de Galicia e de toda a Península Ibérica, e que lle permitía moer inxentes cantidades de trigo. Foi o último dos grandes muíños industriais da Ilustración en deixar de moer.

3. Castro de Sequeiro

Este castro, tamén coñecido como castro de Ferrerías foi orixinariamenteun típico poboado fortificado celta da Europa atlántica da Idade de Ferro. Era un espazo ben defendido cos seus foxo e valado, onde vivían os seus habitantes e o señor do castro, ou briga..

Este lugar estratéxico permitía aos seus habitantes manter o control do seu territorio e comunicarse cos castros próximos dos Bicás e da Revolta.

4. Pazo de Libunca

Este pazo construíuse en 1922 para a familia Montenegro, a mans do arquitecto Juan Roig, na liña do modernismo da época. Ademais da beleza da súa construción, o pazo conta cunha extraordinaria colección de cerámica de Talavera, que supón unha das máis sobresaíntesdecoracións cerámicas do mundo, asinada polo prestixioso mestre Juan Ruiz de Luna, discípulo de Sorolla.

5. Feira do Trece e Capela de Santa Lucía

No lugar da Feira do Trece, no contorno da capelade Santa Lucía, en Sedes, celébranse feiras, mercados e romerías, e algúns deles lembran ás xuntanzas e celebracións da sociedade da Terra de Trasancos. Xa dende a Idade de Ferro celebrábase o “oenach”, ou lugar de reunión, onde, ademais de comerciar, fortalecíanse alianzas e rendíase culto a deuses pagáns.

6. Final do tramo do concello de Narón do Camiño Vello

Dende o inicio ata aquí, percorriches o primeiro tramo do Camiño a Santo André de Teixido, que transcorre polo concello de Narón.  Aínda hai moito patrimonio natural e cultural por coñecer e goza, polo que é moi recomendable continuar camiñando.

Ruta en Wikiloc

Consulta esta ruta en Wikiloc: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/camino-vello-a-santo-andre-de-ei...

Mapa da ruta

Descárgao en alta calidade no botón da parte superior dereita DESCARGAR RUTA.

Información adicional
Saída: 
Mosteiro de San Martiño de Xuvia
Chegada: 
Santuario de Santo André de Teixido
Dificultade da ruta: 
Media
Duración: 
5 horas en bici / 14 h a pé
Lonxitude: 
39,28 km