5ª BTT “Cidade de Narón”, Ruta dos Muíños

luns, 12 de Agosto de 2019

Aberto o periodo de inscrición na 5ª BTT “Cidade de NArón", Ruta dos Muíños que terá lugar o domingo 8 de Setembro con dúas rutas alternativas por lugares emblemáticos do concello.

Aberto o periodo de inscrición na 5ª BTT “CIDADE DE NARÓN”, RUTA DOS MUÍÑOS, que terá lugar o domingo 8 de Setembro con dúas rutas alternativas por lugares emblemáticos do concello.

O pasado mércores día 7 no Concello, representantes do Club Ciclista MTB Eskornabois, Begoña Espiña e José Luis Fernández, xunto co concelleiro de Deportes, José Oreona, e a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, presentaron a 5ª Ruta BTT "Cidade de Narón". Ruta dos Muíños, que se celebrará o domingo 8 de setembro con saída ás 9.30 horas da zona do Centro Comercial Odeón.

 As inscricións poderán realizarse ata o día 4 de setembro e a organización espera acadar un número de participantes de ata 300 ciclistas que poderán escoller entre dous tipos de ruta: unha de dificultade baixa cun total de 30 Km. e outra de dificultade media cun total de 49 Km. Ó finalizar o percorrido, os/as ciclistas poderán facer uso das instalacións do Pavillón Polideportivo de A Gándara, aseos, etc.

As persoas participantes nesta ruta cicloturista pasarán por lugares tan emblemáticos coma o Mosteiro do Couto, o Muiño das Aceas, o Río Xuvia e a área recreativa do Muiño de Pedroso. A organización quere facer notar que o percorrido desta edición é especialmente bonito e que de seguro será do gusto de todas as persoas participantes polo feito de ter contemplado nos dous tipos de rutas a posibilidade de abrir a participación a persoas máis ou menos experimentadas nesta práctica deportiva

Os representantes do Club Ciclista Eskornabois agradeceron ao Concello e Padroado de Deportes o gran apoio a este evento deportivo desde o seu inicio e que xa se pode considerar consolidado dentro das actividades deportivas anuais do municipio. Tamén agradeceron a colaboración da Federación Galega de Ciclismo, Deporte Galego, Diputación da Coruña, e outros patrocinadores privados para levar a cabo este programa deportivo cun carácter turístico que gaña adeptos/as en cada edición.

O concelleiro de Deportes, José Oreona, felicitou á organización polo traballo desenvolvido ao longo destas cinco edicións nas sempre vai a máis para satisfacción de todas as persoas participantes, e reiterou o apoio do Concello no futuro. Pola súa banda, a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, declarou unha especial satisfacción recordando os inicios deste proxecto co que colaborou desde as súas responsabilidades naqueles intres como delegada de deportes e actualmente desde a concellería de Turismo, vendo cómo ano a ano aumenta a afluencia de ciclistas que mostran a súa satisfacción.