Aberto o prazo de inscrición para asistir a unha nova andaina do programa municipal “Ponte en ruta con nós”

luns, 8 de Xaneiro de 2018

A Concellería de Deportes abriu a semana pasada o prazo de inscrición na primeira andaina deste ano do programa municipal “Ponte en ruta con nós”.

A iniciativa aposta por fomentar a práctica do deporte ao aire libre, evitando así o sedentarismo e, ao tempo, dar a coñecer o patrimonio dos concellos da comarca, neste caso os de Mugardos e Ares.

A cita, tal e como recordou o edil responsable da área, Román Romero, será o domingo día 28 de xaneiro e os participantes percorrerán un tramo duns trece quilómetros entre o Castelo da Palma (Mugardos) e Punta Coitelada (Ares). As persoas interesadas en inscribirse poden facelo xa nas oficinas do pavillón polideportivo da Gándara, de luns a xoves en horario de 10.00 a 13.00 e de 16.30 a 18.30 e os venres polas mañás, de 09.00 a 13.00. O prezo das inscricións é de tres euros, unha cantidade coa que se fai fronte aos gastos de desprazamento en bus dos caminantes ata o punto de inicio da ruta e de regreso ao punto de partida, nas inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara.

A iniciativa aposta por fomentar a práctica do deporte ao aire libre, evitando así o sedentarismo e, ao tempo, dar a coñecer o patrimonio dos concellos da comarca, neste caso os de Mugardos e Ares.

A ficha de inscrición, así como o calendario completo das andainas desta nova edición do programa municipal “Ponte en ruta con nós” poden descargarse aquí: