Adiada a proxección da película “O Apóstolo” prevista para este sábado en Xuvia

xoves, 29 de Outubro de 2020

O Concello anunciou a suspensión da proxección da película “O Apóstolo” prevista inicialmente para o vindeiro sábado día 31 en Xuvia e enmarcada no ciclo “Noites de autocine” organizado polo Concello en colaboración coa Asociación Veciñal Altea de Xuvia. 

A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, explicou que debido á previsión de condicións meteorolóxicas adversas se decidiu aprazar a proxección e indicou que a nova data se anunciará pertinentemente tanto a través do Concello como da Asociación Veciñal “Altea” en canto se poida garantir que se reúnen as condicións para o desenvolvemento desta convocatoria.