As cidades do Eixo Atlántico mostran os seus potenciais turísticos na feira Expocidades, en Portugal

venres, 16 de Xuño de 2017

O Eixo Atlántico, agrupación creada hai vinte e cinto anos, a entidade transfronteiriza é unha das principais referencias do que acontece na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal, que agrupa as trinta e sete principais cidades e entidades de Galicia e do Norte de Portugal.

Creada hai vinte e cinto anos, a entidade transfronteiriza é unha das principais referencias do que acontece na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal, que agrupa as trinta e sete principais cidades e entidades de Galicia e do Norte de Portugal.

Unha ampla representación das cidades galegas e portuguesas integradas no Eixo Atlántico, entre elas Narón, mostran o potencial do turismo de proximidade na cuarta edición da Mostra de Turismo das Cidades do Eixo Atlántico, Expocidades, que se celebra desde onte en Vila Real e que rematará mañá. Un total de vinte e cinco stands ocupan unha feira que amosa as posibilidades turísticas das cidades participantes, unha oferta centrada no turismo de proximidade dada a relativa distancia que existe entre as cidades galegas e as portuguesas e a variedade de ofertas turísticas para o visitante.

Expocidades, escaparate do potencial turístico das cidades que integran o Eixo Atlántico, chega este ano á súa cuarta edición, despois de pasar por Lugo, Pontevedra e Viana do Castelo. A exposición ten lugar en pleno centro da cidade, na Alameda de Grasse, en Vila Real (Portugal). Paralelamente ao desenvolvemento da feira teñen lugar outras actividades como degustacións de produtos típicos das cidades (hortalizas, doces, pan, viños, conservas) e actuacións musicais, entre outras. A entrada é de balde.

Na cuarta edición de Expocidades pódense ver os stands de Narón-Xeodestino Ferrolterra Rías Altas, con información de Narón e tamén dos outros concellos da zona que integran o Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas: Ferrol, A Capela, Ares, As Pontes, As Somozas, Cabanas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Neda, Ortigueira, Potedeume, San Sadurniño, Valdoviño e Vilarmaior.

Alejandro Fernández, funcionario do Concello de Narón, e María García, informadora de Turismo da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrolterra, atenden o stand de Narón-Xeodestino Ferrolterra Rías Altas.

Alí dan a coñecer os atractivos turísticos de Narón e comarca, cunha ampla oferta da que poden gozar os visitantes. Así mesmo, informan sobre os principais eventos que se desenvolven cada ano nas localidades que integran o citado Xeodestino, ofrecen material de merchandising e tamén, coa colaboración da cooperativa naronesa do Val, unha pequena bolsa con pementos do Couto, un dos produtos estrela do stand e que está tendo unha excelente acollida por parte dos visitantes de Expocidades. 

Tamén se poden ver na feira os stands doutros concellos galegos e portugueses, como O Grove, Caldas, Tui, Carballo, O Carballiño, Lugo, Ourense, Pontevedra, Lalín, Braga, Viana do Castelo, Vila Nova de Gaia, etc.