O Concello declara deserto o concurso “Tarta de Narón” despois da deliberación do xurado

xoves, 11 de Novembro de 2021

O pasado venres día 5 o xurado composto por Lucía Freitas, Pablo Morales e Manuel Cordido decidiu por unanimidade declarar deserto o concurso para a creación da denominada "Tarta de Narón".

Os membros do xurado aínda valorando a calidade das propostas presentadas, declararon o concurso deserto por non cumprir cos obxectivos marcado polo Concello de Narón para a creación dun doce de viaxe que o represente e sexa un reclamo turístico e gastronómico.

O Concello de Narón, organizador da iniciativa, pretende continuar co proceso para conseguir esa proposta de doce, que inspirado na tradición cultural ou gastronómica da zona a represente en distintos eventos turísticos ou de lecer.

A "Tarta de Narón"; é unha marca rexistrada polo Concello de Narón, acompañada dunha ilustración do Muíño das Aceas, creación do deseñador Juanlu Fernández.