O programa municipal Ponte en ruta con nós organiza unha andaina entre o castelo da Palma e o mosteiro de Santa Catalina

martes, 8 de Xaneiro de 2019

O programa municipal Ponte en ruta con nós acollerá a finais deste mes, o día 27, a terceira das andainas da súa cuarta edición. 

A ruta discorrerá entre o Castelo da Palma, en Mugardos, ata o Mosteiro de Santa Catalina, en Ares, cun percorrido duns 14 quilómetros e dunha dificultade media. As persoas interesadas en asistir poden anotarse no pavillón polideportivo da Gándara, en horario de 9.30 a 13.30 e de 16.30 a 18.30 de luns a xoves ou os venres de 9.00 a 13.00, abonando tres euros no momento da inscrición para os gastos do desprazamento en autobús ata o punto de inicio da andaina e o regreso á Gándara.
    
Os camiñantes sairán ás 9.00 horas das inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara, desde donde irán en autobús ata o termo municipal de Mugardos, concretamente ás inmediacións do castelo da Palma, de donde partirán camiñando cara ao mosteiro de Santa Catalina, en Ares. Nesta ruta poderanse coñecer estas dúas construcións e tamén desfrutar das vistas da ría e doutros elementos patrimoniais e naturais localizados no tramo que percorrerán a pé os participantes. 
    
Esta cuarta edición do programa iniciouse o pasado 28 de outubro, cun percorrido de volta á ría e continuou o 25 de novembro cunha ruta polo río Castro e o castelo de Narahío, no concello de San Sadurniño. A actual tempada rematará o 30 de xuño cunha camiñata e un xantar de confraternidade na área recreativa de Pedroso.