Posposta a proxección da película “Mía y el león blanco” prevista para o sábado 17 en Xuvia

venres, 16 de Outubro de 2020

A proxección trasladarase a próximas datas que serán anunciadas previamente.

A sesión de autocine previsto para o vindeiro sábado en Xuvia da película Mía y el león blanco, enmarcada no ciclo “Noites de autocine” organizado polo Concelllo en colaboración coa A.VV Altea de Xuvia, queda posposta polas previsións meterorolóxicas adversas para a mencionada xornada.

A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, manifestou que dita proxección trasladarase a próximas datas que serán anunciadas previamente.