Unha vintena de hostaleiros locais participaron nas Xornadas sobre a anguía organizadas polo Concello a través do Club Narón Gastronómico

xoves, 28 de Setembro de 2017

O vindeiro mes de outubro, na semana do 9 ao 15, varios establecementos hostaleiros da cidade ofrecerán á súa clientela a posibilidade de degustar anguía entre a oferta do seu menú diario. 

Un total de dezaoito representantes do sector hostaleiro de Narón participaron nas Xornadas sobre a anguía organizadas pola Concellería de Promoción Económica, no marco das actividades impulsadas a través do Club Narón Gastronómico. O edil responsable da

Un total de dezaoito representantes do sector hostaleiro de Narón participaron nas Xornadas sobre a anguía organizadas pola Concellería de Promoción Económica, no marco das actividades impulsadas a través do Club Narón Gastronómico. O edil responsable da área, Pablo Villamar, visitou aos asistentes nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz, na Gándara.

Villamar agradeceu unha vez máis a implicación do sector hostaleiro da cidade, ao que se dirixe esta convocatoria, na que o chef Roberto Filgueira, do restaurante O Balado (Boqueixón) explicoulles algunhas das posibilidades culinarias da anguía. 

Desde o Concello de Narón contamos cunha subvención de 42.955 euros do Grupo de Acción Local Pesqueira que se destinará a diferentes colaboracións co sector hostaleiro para promocionar o consumo de anguía, un peixe que se captura desde hai moitos anos na nosa ría e, ao tempo, para impulsar ao sector pesqueiro”, recordou Villamar. O edil de Promoción Económica comprometeu tamén o apoio económico do Concello de Narón nesta e noutras iniciativas encamiñadas a colaborar con estes e outros sectores na cidade.