A arquitectura popular, funcionalidade e materiais da zona do Río Xuvia

Vivenda típica galega

Os lugares organizan as súas casas a carón da estrada ou dos camiños, con campos de cultivo e hortas, arbores froiteiras e o río ao arredor.

As vivendas tradicionais teñen unha planta rectangular xeralmente con dous andares:

  • Unha planta térrea na que se dispoñen cociña con forno e cortes para o gando.
  • O primeiro andar, comunicado por escaleira interior, que conta con diversos cuartos e unha sala.

O alpendre ou alboio para gardar os apeiros de labranza normalmente vai a carón da casa.