Os cogomelos na área do Río Xuvia

Os cogomelos abundan en zonas húmidas

A partir da época de primavera e outono, coas choivas, poderemos ver moitos cogomelos. Tradicionalmente en Galicia o aproveitamento destas especies ten asociada unha desconfianza, seguramente producida por casos de envelenamento e polo descoñecemento das especies comestibles.

Os cogomelos 

Pertencen ao reino dos fungos, xa que non son nin vexetais nin animais, e teñen que fabricar o seu alimento para vivir a partir da materia orgánica en descomposición, sendo uns auténticos recicladores. Outros conseguen o alimento asociándose con outros seres vivos ou parasitándoos.

A diversidade de cogomelos en Galicia é moi importante e, dado que existen moitos velenosos, debemos ter coidado á hora de collelos para comer, asesorándonos sempre con expertos no tema, recollendo exclusivamente os que coñecemos ben e cortando o seu pé cunha navalla para que ao ano seguinte poida volver a saír.

O aproveitamento dos cogomelos pode representar no futuro, ordenado e ben planificado, un sector económico moi importante.