Eventos de Interese Cultural e Turístico

Son numerosas as Festas e Feiras que se celebran en Narón. Entre elas destacan:
  • Oenach Atlántico: Declarado Festa de Interese Turístico pola Xunta de Galicia no ano 2014, o Oenach Atlántico recupera o modo de vida castrexa nun contorno inmellorable na localidade, a campa do Trece. 
  • Samaín: Esta celebración pagá de orixe celta leva cada ano á veciñanza da parroquia de San Mateo na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro a organizar varios actos.
  • Día de Narón: O día 23 de novembro celébrase o Día de Narón. Desde 1993 conmemórase esta data que coincide coa da primeira acta oficial conservada do ano 1837.

Accede a cada apartado e descobre as festas e feiras máis populares do Concello de Narón!