Rutas a pé e en bici
Procura as rutas a pé e en bici por parroquia
Esta ruta permite coñecer distintos lugares de interese do Concello de Narón, nun percorrido no que se mesturan recursos de grande importancia histórica e cultural con paisaxes que permiten gozar da natureza nunha contorna de singular beleza.
Esta ruta discurre pola ribeira da Ría e desembocadura do río Xuvia. Partindo do Paseo Marítimo da Gándara (Rúa Luis Seoane) ó longo de 7,09 Kms ofrece un percorrido no que se mesturan puntos de interese histórico e cultural que fan desta unha ruta fácil, cómoda e bastante interesante.
Esta ruta discurre a carón do río Xuvia. Partindo do Paseo Marítimo de Xuvia (rotonda de Megasa) ó longo de quince kilómetros e medio ofrece un percorrido no que se mesturan lugares de interese histórico e cultural con pasaxes que nos permitirán disfrutar da natureza.
A cultura e a tradición únense de novo no percorrido polas xoias da arquitectura que nos ofrece o municipio.
Da riqueza da cultura galega recuperamos a tradición dos nosos antepasados celtas, a través dos vestixios que hoxe se conservan daqueles asentamentos fortificados, podemos imaxinarnos a vida da época, así pois comezamos a ruta polos castros de Narón.
A ruta do camiño vello a Teixido xorde da peregrinación a San Andrés, conta a lenda que Xesucristo na súa viaxe ó redor do mundo, fixo unha parada de lecer en Teixido, alí encontrou a San Andrés desconsolado pola súa soidade nunha paraxe tan fermosa que ninguén visitaba.
Esta ruta combina as paisaxes da natureza máis escarpada nos seus pronunciados acantilados e a tranquilidade do Val de trasancos cara o interior, ideal para os amantes da fotografía.
O Camiño Inglés a Compostela, así chamado ao longo da historia porque o maior continxente de peregrinos procedía das Illas Británicas e dos países nórdicos, ten os seus inicios aló polo século XII.
Esta ruta de dificultade alta pasa polo Mosteiro do Couto e a Área Recreativa de Pedroso, entre outros puntos de interese.
Esta ruta de gran interese histórico, etnográfico e cultural, salpicado de pasaxes que nos permiten gozar da natureza, percorre unha parte importante da parroquia de Santa María a Maior do Val no Concello de Narón.
Esta ruta ten unha lonxitude de 12 km e está calificada como de dificultade media.
Camiñaremos xunto ao mar, observando un tramo de costa con pouca densidade urbana.
Esta ruta comeza no Mosteiro de San Martiño de Xuvia e recorre parte do trazado do antigo camiño de peregrinación a Santo André de Teixido.
Esta ruta discurre case que na súa totalidade pola desembocadura do río Xuvia.