Oficina de Turismo
A oficina municipal de turismo está situada na rotonda de Freixeiro, nun punto estratéxico de comunicación terrestre, xa que a tan só uns metros está a autopista AP, a estrada de Cedeira que conduce á costa, e a principal arteria de comunicación do Concello, a Estrada de Castela.
Horario
Dende o día 8 de xuño ata o día 7 de outubro de 2022, a oficina permanecerá aberta nos seguintes horarios:
- De luns a venres: de 10:00 a 13:15 h e de 16:00 a 19:15 h
- Sábados e domingos: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h
Teléfono
- 981 33 77 00 ext 2301.