
O Concello organiza unhas visitas guiadas ao muíño de Xuvia as vindeiras dúas fins de semana. Así o anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que avanzou que as convocatorias se desenvolverán os días 25 e 26 de marzo e o 1 e 2 de abril.

O Concello organiza a primeira edición da Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage que se levará a cabo os días 11 e 12 deste mes nas instalacións do Pavillón da Mocidade, na Gándara.

A concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, presentou a oitava edición do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular, que se desenvolverá do 3 ao 31 de marzo no Pazo da Cultura.

O Concello de Narón celebrará este sábado o Festival de comparsas.