Durante a túa viaxe etiqueta as túas imaxes usando...
Actualidade
-
Popular
A cidade acollerá estes días, a partir de mañá, varias propostas culturais enfocadas ao público familiar e infantil, todas elas de balde e que se desenvolverán en espazos públicos de varios barrios.
-
A sexta edición do programa municipal “Verde que te quero verde” comezará o vindeiro domingo, día 3 de xullo, na cidade. O Padroado da Cultura de Narón convoca de novo gran variedade de espectáculos, dirixidos a público familiar e infantil, en espazos verdes da cidade.
-
Un total de 90 persoas inscirbíronse na andaina do programa municipal “Ponte en ruta con nós” celebrada onte.
-
A concelleira de Festas e Turismo, Natalia Hermida, presentou esta mañá na magnolia de Xuvia o cartel da terceira edición da proposta “Noites á fresca”, impulsada dende o Concello e que se desenvolverá os días 8 e 9 de xullo.
Narón para os teus ollos
Saúda da concelleira
Benvidas e benvidos ao portal web da Concellaría de Turismo de Narón.
A través desta páxina damos a coñecer a enorme riqueza patrimonial, natural, gastronómica e, como non, os múltiples eventos que na que é a oitava cidade de Galicia se organizan ao longo do ano.
Desde a Administración local continuamos traballando para impulsar o sector na localidade e esta páxina é una magnífica plataforma para promover o turismo local, porque son múltiples as posibilidades que oferta este concello como destino turístico.