O Padroado da Cultura e a AVV Ceibe celebrarán o 24 de xuño unha sardiñada e churrascada en San Xiao con maxia, xogos populares e música

mércores, 21 de Xuño de 2023

O Padroado da Cultura de Narón e a entidade veciñal “Ceibe” de San Xiao, celebrarán o vindeiro 24 de xuño unha sardiñada e churrascada na que non faltarán os espectáculos de maxia e musicais.

O Padroado da Cultura e a AVV Ceibe celebrarán o 24 de xuño unha sardiñada e churrascada en San Xiao con maxia, xogos populares e música

A cita desenvolverase nas inmediacións do centro cívico social da parroquia cun amplo programa en horario de mañá e tarde e que inclúe espectáculos de maxia co Mago Antón, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, coa súa proposta “A volta a Galicia en 313 Concellos”.

A programación da tarde continuará ás 19.00 horas con xogos tradicionais e populares, ata as 21.00 horas e ás 21.00 comezarán a servirse as primeiras racións de sardiñas e churrasco. O menú, a base de churrasco, criollo, pan e bebidas terá un prezo  de 13 euros para os socios e 15 para o resto de comensais e tamén se poderán comer tres sardiñas aboando dous euros. As persoas que se asocien ese mesmo día á entidade no campo da festa poderán pagar o prezo de socio/a. Os tickets para a sardiñada e churrascada popular poden adquirirse de xeito anticipado no centro cívico de San Xiao de martes a domingo, en horario de 17.00 a 22.00 horas, ou chamando ao número de teléfono 692 854 771.

Pola noite continuará a celebración con música tradicional, a partir das 21.00 horas a cargo da Charanga Alxibeira e ás 22.00 horas co concerto da agrupación músical galega Lamatumbá.