Convento de Baltar

Descarga o PDF para coñecer en detalle máis información

Situado no núcleo rural de Baltar, a construción orixinal débese a Juan Pardo e Andrade a finais do século XVI, sendo cedida pola derradeira Marquesa de San Sadurniño, María da Natividade Quindós e Villarroel, aos Misioneiros Claretianos en 1910.

Da súa data de creación só conservan dous grandes brasóns ou pedras armeiras en cantería esculpida.

Posteriormente foi modificado, incluíndo a capela do Sagrado Corazón e unha fonte de estilo barroco. Preto de Baltar tamén temos varias casas medievais coma a Quintá e o impresionante conxunto que forman capela de Santa Margarida do século XVI, o cruceiro e a fonte de dous canos.

Descarga a documentación para coñecelo en detalle: