Mosteiro do Couto

La intensa programación diseñada desde las áreas de Turismo y Cultura del Ayuntamiento de Narón incluye la convocatoria, durante el año, de visitas guiadas al cenobio y también de conciertos de cámara en el interior de la iglesia.

O mosteiro de San  Martiño de Xuvia sitúase nun enclave privilexiado do termo municipal naronés. Na parroquia do Couto, a escasos metros da ría, o cenobio, actualmente propiedade da diocese de Mondoñedo-Ferrol, é un dos principais reclamos turísticos da cidade.

Diversos estudos sitúan no século IX a data de construción deste mosteiro, se ben coinciden en subliñar que a época do seu máximo esplendor a alcanzou coa súa incorporación á Orde de Cluny, no século XII, tras unha doazón da familia Traba. Anteriormente, na Idade Media, os monxes beneditinos fixéronse cargo tanto da igrexa como da casa reitoral. Ata a desamortización de Mendizábal, que comezou en España no século XVIII, o cenobio incorporouse como priorado ao mosteiro de San Salvador de Lourenzá (Lugo).

A construción conserva a igrexa románica dos séculos XII e XIII, se ben co paso dos anos se realizaron algunhas tarefas a prol da súa conservación. A planta basilical do templo ten tres naves de cinco tramos con arcos de medio punto peraltados e os capiteis esculpidos sobre piares de grandes columnas separan a nave principal da construción. No seu interior consérvanse varios sepulcros da época medieval, entre eles o do cabaleiro Rodrigo Esquío, do século XV. No exterior do mosteiro destacan tres ábsidas con xanelas de medio punto e tamén a súa fachada principal, que foi obxecto de varias reconstrucións.

O Ministerio de Cultura declarou este mosteiro, situado en plena ruta Xacobea do Camiño Inglés, como monumento artístico nacional no ano 1972.

A intensa programación deseñada desde as áreas de Turismo e Cultura do Concello de Narón inclúe a convocatoria, durante o ano, de visitas guiadas ao cenobio e tamén de concertos de cámara no interior da igrexa.