Aberto o prazo para inscribirse nas saídas de observación de flora e fauna “Coñece o noso patrimonio natural”

luns, 26 de Xullo de 2021

Terá lugar a tarde do vindeiro mércores, día 28, en dúas sesións de hora e media de duración. 

O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, anunciou a apertura do prazo o derradeiro xoves para inscribirse nunhas saídas de observación da flora e da fauna que se levarán a cabo pola zona do LIC Xuvia-Castro, de Rede Natura 2000. “Coñece o noso patrimonio natural” é o lema desta proposta, na que profesionais no ámbito da flora e da fauna encargaranse de guiar ás persoas que acudan e ofrecerlles información das diferentes especies a medida que avancen no tramo a percorrer, tal e como indicou Galego.

As saídas serán o vindeiro mércores, día 28, polo paseo marítimo de Xuvia, a primeira delas ás 18.00 horas e a segunda ás 19.30, e dunha hora e media de duración, aproximadamente. Realizaranse grupos dun máximo de doce persoas e seguirase o protocolo pertinente para a prevención da Covid-19. Galego animou á cidadanía a participar nesta convocatoria “para coñecer mellor e da man de expertos na materia boa parte da flora e da fauna propias da nosa cidade”.

As persoas que desexen acudir poden anotarse, de balde, a través da páxina web: www.evenbrite.es