O Concello abrirá o 1 de setembro o prazo de solicitude das bonificacións das taxas por recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga potable

xoves, 12 de Xullo de 2018

O prazo de solicitude das bonificación das taxas correspondentes á recollida de refugallos, á rede de sumidoiros e ao subministro de auga potable para o ano 2019 manterase aberto entre os días 1 e 20 de setembro.

As persoas destinatarias destas bonificacións deben cumprir unha serie de requisitos e tramitalas a través do Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.30 horas, nas datas anteriormente indicadas, se ben tamén poden solicitalas a través do Servizo Sociocomunitario Municipal –primeiro andar do Concello-.
    
Naqueles casos nos que as persoas xa teñen concedidas estas bonificacións das taxas para o presente exercicio, non é preciso volver a solicitalas no caso de que se manteñan as circunstancias que se deron no momento da concesión das mesmas. Se variaron esas condicións ou as persoas solicitantes teñen concedido o 50% da bonificación e cumpren os requisitos para que se lles recoñeza o 75% é preciso acreditalo, tal e como se recalcou desde o goberno local.