O Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte convoca unhas xornadas para promover o sector turístico e pesqueiro

xoves, 5 de Outubro de 2017

“Galicia Norte. Mares de experiencias” é o título desta iniciativa, que deu comezo o pasado 28 de setembro e que continuará os días 11, 19 e 26 de outubro na localidade de Miño. 

O Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte convoca unhas xornadas para promover o sector turístico e pesqueiro

O Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte –do que forma parte o Concello de Narón, entre outros municipios da comarca- convoca, xunto co GALP A Mariña, unhas xornadas destinadas a promover e dinamizar os territorios a través de iniciativas vencelladas aos sectores turístico e pesqueiro.

Trátase dunha convocatoria aberta á participación da cidadanía en xeral, debendo inscribirse previamente as persoas interesadas a través de:

  1. Correo electrónico pilartorres@valoraconsultores.com 
  2. Chamando ao teléfono 673 472 735.

A segunda das propostas do programa é un Plan de márketing, que terá lugar o 11 de outubro de 10.00 a 13.00 horas (a primeira sesión) e desde as 16.00 ata as 19.00 (a segunda). Continuará a iniciativa cun apartado de Lexislación o 19 de outubro, entre as 9.30 e as 13.30 e rematará con outro de Creación de redes o 26 deste mes, tamén de 9.30 a 13.30 horas. Todas as sesións se celebrarán na Casa do Pescador do concello de Miño, no número 33 da rúa Curro.

As inscricións poden formalizarse ata o propio día en que se celebren as xornadas.

A través do proxecto “Galicia Norte. Mares de experiencias” apóstase por deseñar itinerarios turísticos e tamén promover a creación de empresas e emprego dentro dos sectores turístico e pesqueiro, tal e como indicaron desde a organización.