Narón máis doce que nunca

mércores, 25 de Agosto de 2021

O Concello promove un concurso para dar coa "Tarta de Narón", que será un producto representativo da gastronomía local. 

O Concello de Narón, a través da Concellería de Turismo e Festas, promoverá un concurso dirixido a profesionáis dresoa Gastronomía co obxectivo de acadar un produto gastronómico de pastelería representativo do noso Concello a "Tarta de Narón". Así o anunciaron esta mañá o alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, e a concelleira de Turismo e Festas, Natalia Hermida Rico.

A proposta seleccionada que será de produción propia, servirá para compartir tanto en festas-celebracións de carácter familiar e social, como en agasallo para turistas e persoas que por calquera outro motivo visitan Narón, neste sentido será un "doce de viaxe". Tamén será un produto-degustación que nos represente en eventos de carácter institucional, turístico e promocional do territorio poñendo en valor a nosa riqueza pasteleira. 

A elaboración gañadora será elixida por un xurado profesional do mundo da pastelería, gastronomía e da área de formación, e formará parte nas vitrinas das pastelerías que a desexen ofrecer como reclamo turístico e gastronómico. 

A "Tarta de Narón" é unha marca rexistrada polo Concello de Narón, acompañada dunha imaxe do Muiño das Aceas.