Necrópole prehistórica de Monte dos Niños

A necrópole prehistórica de Monte dos Niños, con polo menos 14 túmulos funerarios, localízase na parroquia de Santo Estevo de Sedes, ocupando o altiplano do Monte, a 300 metros sobre o nivel do mar.

A necrópole prehistórica de Monte dos Niños, con polo menos 14 túmulos funerarios, localízase na parroquia de Santo Estevo de Sedes, ocupando o altiplano do Monte, a 300 metros sobre o nivel do mar.

Este tipo de monumentos conforman a primeira arquitectura monumental de Galicia, sendo ademais un fenómeno cultural que nos une con toda a facha atlántica europea. Construídas para perpetuarse no espazo e no tempo dende época Neolítica, modifican a paisaxe, humanizándoa, de maneira que se podería falar de “tumbas para os vivos”.

Estes enterramentos baseábanse maioritariamente nun ritual funerario colectivo, sendo os finados acompañados de diferentes obxectos de connotación ritual: machados de pedra, puntas de frecha, colares, recipientes cerámicos, etc. Semella que nunha porcentaxe importante os túmulos de Monte dos Niños poderían pertencer á fase plena do denominado megalitismo, con túmulo e cámara funeraria (dolmen) de dimensións importantes.